Unión X Cambre: MAIS DO MESMO..........

martes, 30 de noviembre de 2010

MAIS DO MESMO..........

A falta de interese do noso goberno lévanos unha vez máis a recibir denuncias dos nosos vecinos e colectivos, nesta ocasión tocoulle a quenda á "única" escola infantil pública que temos no noso municipio. Aínda que pareza surrealista é a realidade pura e dura que nos toca vivir.

A gardaría da Barcala está sen calefacción dende xullo por unha avaría

Os 77 alumnos soportan temperaturas mínimas de dez graos e algúns pais optaron por deixar os seus fillos na casa.

O problema está nunha peza que debe ser substituída no sistema de calefacción, que a empresa de mantemento ten que traer de China. A dirección do centro asegura que espera por ela dende verán. Mentres tanto, dispoñen de calefactores, pero a instalación eléctrica non soporta esta carga.

"O
 Concello asume o labor de mantemento do centro que lle compete, pero aclara que nada pode facer sen recibir a tempo os pertinentes avisos das necesidades que se presenten".

Canto tempo necesitan para os "avisos pertinentes"?
 ...Dende xullo
Onde, ou a quen temos que dirixir os avisos?....por o que se ve aos que avisaron non solucionaron o problema.

Seguimos e seguiremos co mesmo problema de falta de xestión, o raro é que non lle boten a culpa ao
 PP e que o PP non lle bote a culpa a Zapatero,
UNHA VERGOÑA.