Unión X Cambre: Proyecto

Proyecto



Querido veciño e amigo de Cambre: 

Poñemos nas túas mans un proxecto que como veciños pensamos pode solucionar os problemas que día a día sufrimos e que dende unha óptica global planificamos a curto, medio e longo prazo.


En Unión x Cambre estamos convencidos de que só desde a planificación na que participen todos os actores sociais, a xestión eficiente de recursos e de tempo, e a solidariedade co establecemento de prioridades,  podemos conseguir unha mellor calidade de vida e un desenvolvemento sostible para Cambre.

Nos períodos electorales sempre xurden as promesas. Pero para nós hai moitas actuacións que non se poden incluir como como promesas electorais: son dereitos que temos como veciños e xa deberían estar consolidados; son problemas comuns en todas as parroquias e necesitan solucións urxentes. Son a nosa prioridade: saneamento integral do termo municipal, construcción de beirarrúas que comuniquen os núcleos de poboación, prazas escolares...

Levarase a cabo un plan de saneamento nas arcas do concello, a través da reducción dos gastos correntes, especialmente, no relativo á reducción do consumo enerxético mediante a aposta polas enerxías alternativas.

 
Transformaremos a filosofia de traballo do concello: os veciños xá non serán os suxeitos pasivos, serán receptores de solucións áxiles, eficaces e eficientes, porque é o seu dereito. Coa creación do Servizo de Atención ao Veciño (S.A.V), porase en marcha unha xanela única para realizar dun modo áxil e sinxelo todos os trámites co concello. Para isto, manifestamos o noso compromiso de simplificar os procedementos administrativos e desenvolver a implantación das novas tecnoloxías para os veciños, actualmente inexistentes no concello.



Plans de acción: 
Plan de acción para o emprego: para o que se prestarán os servizos de Información e Orientación Laboral, Servizo de Formación, Servizo de Autoemprego.

Plan de acción para a emancipación: para o que se prestará o servizo de asesoramento e información da vivenda. 

Plan de acción para o desenvolvemento social, cultural e deportivo: no que se programarán acción como a posta en marcha dos locais de ensaio para grupos de Cambre, posta en marcha de obradoiros de teatro, pintura, fotografía, etc., sempre segundo as demandas recollidas.

Plan de acción para as asociacións xuvenís: para apoiar ás existentes, apoiar o xurdimento de novas e a súa relación, dándolles capacidade de acción como a organización do certame de rock para que recupere a súa esencia.



O fomento do emprego é unha prioridade; para iso debemos consolidar e fortalecer o noso tecido empresarial, dar unha formación de calidade e fomentar o comercio.

Desenvolvemento do turismo como motor económico: poñer en valor o noso patrimonio histórico – artístico e natural.


En definitiva. En UxC queremos un concello ordenado, con boas comunicacións e un alto grao de calidade ambiental, sen que iso teña que supoñer maior gasto en investimento. Co traballo, a xestión e a solidaridade, isto é posible.