Unión X Cambre

lunes, 5 de agosto de 2013

Luis Marzoa Ares


Aos veciños de Cambre, como membro de UxC e seguinte na lista (n.º 4) das últimas Eleccións Municipais e tras a dimisión do compañeiro Antonio Orosa. Pídovos desculpédesme pola miña renuncia á credencial de concelleiro que por lei me correspondía.

As causas que motivan a renuncia son debidas á miña situación laboral actual, que non me permite a dedicación que o cargo require e que todos os veciños merecen.

Todos coñecedes como está o mundo laboral actual debido á "Reforma Laboral", e no meu caso como son delegado sindical non é o mellor momento de engadir un novo cargo á miña persoa que requira mais ausencia do traballo.

Por todo iso espero comprendádesme e pídovos de novo desculpas, tamén podedes comprobar con isto o talante en Unión x Cambre de facer política doutro xeito, o importante para os veciños de Cambrenon é quen faga as cousas senón que se fagan.